MUROS> Un operativo contra o furtivismo, realizado no concello de Muros, sáldase co comiso de 177 quilos de mexillón de rocha, case 6 quilos de ameixa babosa e máis de 14 de caramuxo. Axentes da Gardacostas e da Policía Autonómica expulsaron, ademais, a 33 persoas da zona e levantaron unha acta de inspección a un vehículo situado no punto. A consellería do Medio Rural e do Mar insiste, tras estes casos, na importancia de consumir marisco dentro da legalidade para non comprometer a nosa saúde. O marisco comercializado doutro xeito non pasou ningún control que avale a súa calidade.
Inicio Barbanza - Muros - Noia