As Rías Baixas cólanse en case 2 millóns de fogares grazas á Volta

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/12/balance_volta.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/12/balance_volta.mp4{/flowplayer} 

     

    PONTEVEDRA> A Deputación de Pontevedra saca peito pola organización da Volta. O ente continúa a celebrar o éxito do paso da competición pola provincia, especialmente polas Rías Baixas. Segundo os datos de audiencia de Televisión Española, máis de 1 millón oitocentas mil persoas seguiron en directo a chegada ao Monte Castrove.

    A Deputación está máis que satisfeita co paso da Volta polas Rías Baixas. 

    A etapa dende a Estrada ata o Monte Castrove foi a escusa perfecta para que os concellos polos que transcorreu o percorrido conseguiran saír nas televisións moitos fogares de toda España.

    Louzán quixo agradecer a implicación dos veciños dos concellos polos que transcorreu a Volta, que se volcaron coa competición.

    Xa dende o punto de vista deportivo, Louzán asegurou que a fin de etapa fora extraordinaria, ademais de moi importante para o campionato.