O BNG pecha calquera posibilidade de cambio de goberno na Pobra

POBRA> Os nacionalistas responden así de contundentes á solicitude plantexada a pasada semana polo Partido Popular que pretendía apartar da alcaldía a Nós Pobra. Os tres concelleiros de BNG saían esta mañá ós medios para explicar o resultado das dúas asembleas coas bases celebradas esta pasada fin de semana na que se abordou unha posible moción de censura que apartara a Nós Pobra da alcaldía. Na xuntanza acordouse non apoiar a proposta formulada dende a bancada popular, pechando así calquera posibilidade de cambio de goberno. Dende o BNG aludiron tamén a que a decisión de Nós Pobra de presentar os orzamentos deste ano unidos a unha cuestión de confianza responde a unha manobra electoralista claramente estudada. Por esta razón seguen a pensar que o BNG é a única alternativa posible, polo que seguirán traballando para lograr os votos necesarios nos vindeiros comicios municipais e darlle o renovado cambio que, segundo eles, precisa a localidade