A irrupción de cabalos na AC-550 obriga a mediar ó concello de Muros

    MUROS> A parroquia muradá de Serres foi vítima, novamente, da irrupción de gando cabalar na estrada AC-550, a máis importante do municipio de Muros. Para tratar o asunto, a alcaldesa reuniuse, hoxe, con representantes da mancomunidade de montes e avanzou que se denunciará ante Seprona o acontecido.

    Unha decena de cabalos invadiron onte a estrada AC-550 e as súas inmediacións para sorpresa dos condutores. Non obstante, na parroquia de Serres estase a converter en algo habitual. Vacas e cabalos salvaxes asaltan fincas privadas e casas causando grandes estragos alí por onde pasan. O concello de Muros asegurou xa estar traballando no asunto. A mancomunidade de montes de Serres e os veciños da parroquia a título particular van denunciar o acontecido ante Seprona e solicitar unha reunión coa consellería para que medie neste conflito. Así nolo comunicou a alcaldesa de Muros, Caridad González, tras unha reunión cos representantes da mancomunidade.

    Comments are closed.