200.000 estudantes galegos comezaron hoxe a ensinanza secundaria

    BARBANZA> As aulas dos institutos recobraron vida, esta mañá, tras a volta das vacacións. Entre a ESO, Bacharelato, FP e ensinanzas de réxime especial xúntanse 200.000 estudantes en toda Galicia, dispostos a enfrontar un novo curso.

    As ensinanzas secundarias deron comezo esta mañá en Galicia, tras as vacacións de verán. Máis de 200.000 alumnos volveron reencontrarse cos compañeiros, con profesores e materias. Segundo datos da consellería de Educación, a provincia da Coruña arrancou con 26.210 alumnos da ESO matriculados en centros públicos, 9.299 en centros concertados e 737 en centros privados. Por outro lado, a cifra de alumnos matriculados en bacharelato, nun centro público sitúase en 10. 256 fronte ós 2.375 dos privados. Nervios e moita expectación trouxeron consigo os novos alumnos de primeiro da ESO, algúns viñeron acompañados, por familiares, para facer máis fácil o primeiro contacto co novo centro educativo. Houbo alumnos que nos contaron porqué tiñan tantas ganas de volver ás aulas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/comezoclasesinstituto1509141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/comezoclasesinstituto150914.mp4{/flowplayer}