Delegado Medio Rural presenta os proxectos próximo ano

    PONTEVEDRA > O delegado de Medio Rural, Gonzalo Constenla, presentou fai unhas horas, en Pontevedra…

    …os proxectos de infraestruturas rurais para o vindeiro ano na provincia. O delegado fixo tamén un listado por comarcas do reparto do orzamento para 2008, que ascende en total a case 7 millóns de euros.

    O delegado do medio rural, gonzalo Constenla, presentou hoxe o plan estratéxico para a instalación de infraestruturas no rural. Os sectores gandeiro e agrónomo principalmente, son os que se verán beneficiados, e segundo delegado, a vida dos cidadáns do rural, asemellarase cada vez mais á dos habitantes do medio urbano.

    O plan de mellora, está destinado a todos os concellos que se queiran adherir, e faise en función da poboación e do investimento histórico que tiveron os concellos ata ese momento, para corrixir desigualdades. O plan incide nas zonas do rural máis desfavorecidas e os tipos de obras que se farán, serán maioritariamente nos saneamentos e no abastecemento de auga.

    A Consellería do Medio rural financia o cen por cen do custe do plan, despois de atender ás suxestións da cidadanía, para cubrir, segundo delegado, unha ampla lista de necesidades.

    A asignación a este plan, para o ano dous mil oito é de 6 millóns seiscentos vintecinco mil euros, dos que a comarca do Salnés- Caldas, con quince concellos, recibirá case un millón seiscentos mil euros e a de Pontevedra e Morrazo, con doce concellos, algo menos de un millón catrocentos mil euros.

    Redacción Salnés.