O BNG da Pobra pide a retirada do ‘foto-vermello’

POBRA> Os nacionalistas consideran que este  dispositivo sancionador instalado nos semáforos existentes nos xardíns de Valle-Inclán é ilegal. O BNG levará ó vindeiro pleno unha inicitiva solicitando a retirada do dispositivo sancionador do foto-vermello, situado nos semáforos existentes nos xardíns de Valle-Inclán e na Praza Maior. Segundo eles o dispositivo segue en funcionamento a día de hoxe a pesar de existir unha sentenza que o declara ilegal.