O concello investirá 400 mil euros en infraestruturas básicas en Santa Cruz

    saneamentosantacruz_100_040408.jpgPOBRA > Non tardou en respostar o goberno ás denuncias realizadas polos veciños de Santa Cruz sobre a ‘discriminación’ que está a sufrir esta parroquia.

    {flowplayer}barbanza/saneamentosantacruz.flv{/flowplayer}

    O goberno pobrés ten previsto executar a rede de auga potable nos lugares de Rosamonde, A Granxa e Casa Queimada así como o saneamento no lugar de Tarrío. Ámbalas dúas actuacións incluíranse no Plan especial de Actuación en Servizos da Deputación da Coruña que se vai aprobar o próximo mes de maio.

    O primeiro dos proxectos consistirá na instalación de 690 metros de tubaxe de 90 milímetros mentres que no segundo se contempla a dotación de 470 metros de canalización de PVC de 315 milímetros a conectar coa rede xa realizada na estarada AC-302.

    Os responsables locais informaron tamén do proxecto de mellora na rede de abastecemento ó longa da estrada que vai do Colo da Arca a Aldea Vella con cargo ós orzamentos municipais así como do bo ritmo ó que marchan as obras da rede de sumidoiros e pozo de bombeo en Roupión, financiadas pola Consellería de Medio Rural.

    Compromiso coas parroquias

    Estas catro actuacións suporá unha inversión total de 400 mil euros que poñen de manifesto o compromiso do goberno local coa parroquia de Santa Cruz. Por este motivo, o alcalde non entende a postura dalgúns veciños que din sentirse discriminados cando o obxectivo do concello é proporcionar os servizos básicos a tódolos núcleos.

    Unha vez acometidas estas actuacións, o executivo seguirá a estender a rede de saneamento nos lugares de Rego e Pedriñas co obxectivo de conquerir o saneamento integral do concello.

    Redacción Barbanza