O plantel de Enmacosa mobilizaranse tras oito meses sen cobrar

    PONTEVEDRA> Os traballadores da empresa Enmacosa, con sede en Portonovo, reuníronse esta tarde para acordar as medidas de presión que van a levar a cabo para que se lles paguen os oito meses de cobro que se lles adebedan. Culpan ás administracións central e autonómica de abocar ó abismo a esta empresa que é punteira no seu sector.

    Os traballadores da empresa Enmacosa van a comezar en breve cas mobilizacións. Tras levar varios meses sostendo unha situación de alta carga de traballo pero sen cobrar os seus salarios, chegaron a un punto que reclaman a intervención das Administracións co fin de evitar que a empresa chegue a entrar en concurso de acredores. Di UXT que a culpable desta situación que atravesa Enmacosa é a Administración, sobre todo o Goberno Central, que condicionou a continuidade de contratos tan importantes como o da vía do AVE á rebaixa de preto da metade do orzamento da concesión. Unha baixa desproporcionada que afogou as contas da empresa. A primeiros de ano a Xunta asegurou que en xuño inxectaría cartos nesta empresa co fin de normalizar a situación. A día de hoxe, as entidades bancarias apertan e as administracións non moven ficha na súa axuda. Dos 200 traballadores cos que contaba a empresa a día de hoxe nas delegacións de Portonovo, Madrid e Baleares só hai 120 empregados, que contan cun atraso no cobro de oito meses de media. En total a débeda de Enmacosa cos empregados ascende a un millón setecentos mil euros. Asegura a UXT que a forma de actuar dos traballadores foi exemplar para evitar que a empresa entrase en concurso de acredores.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/enmacosa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/ere_enmacosa.mp4{/flowplayer}