A veciñanza en desacordo sobre as árbores da Xunqueira

    VILAGARCIA> Continúa a polémica en torno á idoneidade das árbores do Parque da Xunqueira, en Vilagarcía. Onte a noite houbo unha concentración de veciños liderada por Esquerda Unida esixindo que se manteña a alameda; unha manifestación que segundo o Alcalde non fai máis que desprestixiar a cidade.

    A continuidade das árbores do Parque da Xunqueira, en Vilagarcía, aínda non está decidida e responderá ós criterios que apunten os técnicos e á opinión da veciñanza. O Alcalde Tomás Fole facía estas declaracións logo da vixilia ou concentración que realizaron algúns veciños neste lugar onte a noite, a proposta de Esquerda Unida. Unha xuntanza na que dispuxeron ringleiras de candeas que aínda permanecían hoxe no chan do parque. Preguntamos ós veciños á súa opinión sobre as árbores deste entorno. Todos coincidían en que había que arranxar o pavimento levantado polas raíces pero había discordancia en que se debía facer cas propias árbores. Ó fío deste asunto, o Alcalde vilagarcián asegurou estar farto das críticas da oposición cando fan ou deixan de facer algo. Aseguran que non son constructivos e eso xulgarao a cidadanía. Amais, advirte que supón un grave prexuízo para a imaxe do Concello.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/arbores.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/16/enquisa_arbores_xunqueira.mp4{/flowplayer}