RELEVO NO BNG DE CAMBADOS

    O BNG de Cambados despediuse hoxe da súa concelleira Montserrat Prado, quen en días pasados tomou posesión do seu novo cargo como Delegada Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

    O seu relevo no concello de Cambados será  Ramón Martinez Ulloa, un gran coñecedor do sector do mar.

     

    A partir de hoxe incorporarase a corporación do concello de Cambados Ramón Martinez Ulloa. Trátase dun gran coñecedor do sector do mar que traballará para os cidadans  cambadeses dende o grupo nacionalista. Martinez Ulloa deu tamén a noraboa a Prado polo seu novo nomeamento.