Cambados ofrece apoio económico á familia do veciño desaparecido no Villa de Pitanxo

CAMBADOS> A dor das familias dos aínda desaparecidos exténdese por toda nosa contorna. En Cambados, de onde é un dos mariñeiros, continúan consternados pola traxedia. O Concello avanza que vai xestionar axudas para a familia, a través da Consellería do Mar e tamén a través dos Servizos Sociais Municipais. O alcalde explica que o de Miguel era o único soldo que entraba na casa, porque a súa muller estaba sen traballo e os fillos aínda están estudando.

Cambados segue tinguido de loito pola traxedia do Villa de Pitanxo. Un dos mariñeiros desaparecidos, aínda que de orixe peruana, levaba máis de 10 anos vivindo aquí. Aquí deixa muller e dous fillos. O Concello, en contacto con eles dende o minuto 1, trasládalle o seu apoio.

Ademais, contémplase tamén un posible apoio económico. O goberno local, canda a Confraría cambadesa, xestionarán con Mar unha axuda para a familia.

Ademais, indica o alcalde, os Servizos Sociais municipais tamén contemplarán outras axudas para a familia, tendo en conta que a muller está sen traballo e os fillos estudando.

Ademais, Samuel Lago defendeu a necesidade de que as familias reciban de xeito áxil e fiable información do que acontece no Canadá. Lamenta que nalgúns casos a información chegue só polos medios de comunicación.

O rexedor celebra que sexan os equipos psicolóxicos os que contacten coas familias. Defende tamén esgotar tódolos esforzos na busca dos corpos, incluso co envío de medios españois á zona.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí