Os minutos de silencio polas vítimas do Villa de Pitanxo espállanse por toda Galicia

VILAGARCÍA> Ademais de en Cambados, outros moitos concellos de toda Galicia gardaron esta mañá un minuto de silencio en lembranza das vítimas deste naufraxio. En Vilagarcía, a corporación uniu a súa dor á da Autoridade Portuaria da cidade, nun acto conxunto ás portas do consistorio.

Vilagarcía tamén amosou hoxe o seu pesar pola traxedia do Villa de Pitanxo. A corporación municipal gardaba un minuto de silencio esta mañá ás portas de Ravella en lembranza das vítimas do afundimento.

Con este aplauso rachábase o minuto de silencio en Vilagarcía, convocado a través da Federación Galega de Municipios e Provincial. O seu presidente e tamén alcalde da cidade amosaba o seu apoio ás familias das vítimas. Unha desgraza, lembra, que tamén golpea á comarca do Salnés, ao ser unha das vítimas de Cambados.

Compartindo a dor coa corporación local de Vilagarcía, a Autoridade Portuaria da cidade. O seu presidente sumouse tamén ao minuto de silencio, con palabras de recordo tamén para as vítimas do ‘Sin querer 2’. E apunta que o de hoxe é un día tráxico para O Salnés e O Morrazo e para o conxunto de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí