RIBEIRA> Dende a entidade fanse eco das críticas vertidas por numerosas familias sen recursos que se queixan do mal funcionamento destes servizos, ó que acoden na busca de axuda. A pesar de ser conscientes de que é necesario cumprir uns mínimos protocolos, dende a plataforma Stop Desafiuzamentos Barbanza consideran que o papel que xogan a maioría dos departamentos de Servizos Sociais municipais da comarca son deficitarios, e en lugar de axudas ás persoas que a eles acoden, parecen poñerlle aínda máis atrancos. Isto é, ó fin, o que pensan moitas familias de Ribeira que se achegaron ata a plataforma a queixarse desta situación. Dende a plataforma xa se puxeron en contacto con responsables da consellería de Familia, para tratar de buscarlle, de xeito coordinado dende os propios departamentos de Servizos Sociais municipais, unha solución a este problema, axilizando na medida do posible aqueles casos máis urxentes e nos que a necesidade de axuda sexa máis perentoria.
Inicio Barbanza - Muros - Noia