Rianxo acolle ata o domingo o Festival Internacional ‘Mares da Fin do Mundo’

RIANXO> Organizada pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo, co patrocinio da Deputación da Coruña, o concello de Rianxo e a Xunta de Galicia, estes días desenvólvese no auditorio a VIII edición da Mostra Internacional de Cinema Documental ‘Mares da Fin do Mundo’.

O Festival, que se prolongará ata o domingo, mantén unha estrutura similar á de edicións anteriores, cunha competición oficial na que participarán dezasete curtametraxes documentais procedentes de diferentes puntos do mundo.

Unha das novidades deste ano é a sección infantil, pensada para o público máis novo e que nace co obxecto de espertar curiosidade e pensamento crítico ó redor do cinema documental, no que participaron alumnos dos distintos colexios do municipio.

A Mostra volverá a contar con dúas seccións paralelas: ‘Proa’, na que se programan filmes e cineastas na vangarda do cinema da realidade, e ‘Popa’, dedicada á proxección de filmes de arquivo e históricos, pero incluirá tamén diversas actividades paralelas que se desenvolverán en localizacións do municipio.

A mostra complétase tamén coa exposición fotográfica ‘aMar’, de Lorena do Merlo, que se poderá visitar no propio auditorio ata o último día da mostra.

As persoas interesadas en asistir ou obter máis información na web do festival o unas redes sociais de ‘Mares da Fin do Mundo’.