Un ferido grave no primeiro accidente de tráfico da semana

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/accidente1.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/22/accidente_via_rapida.mp4{/flowplayer}

VILAGARCIA> A semana comezou nas estradas do Salnés cun accidente de circulación esta mañá na que resultou ferido grave o conductor dun turismo, tras bater contra un camión na variante norte de Vilagarcía. Este conductor tivo que ser excarcerado do interior do seu vehículo polos efectivos de emerxencias. Espectacular accidente, a xulgar pola súa pegada, o que tivo lugar esta mañá, ás dez e media, no punto quilométrico 5.5 da Variante Norte de Vilagarcía, case á altura da rotonda do Pousadoiro. O sinistro consistiu nun choque frontolateral entre un turismo, un citroën C3, azul, con placas 6732 ckz; que circulaba cara a Pontevedra, ó e un camión da marca Volvo e matrícula 3359 bnp, que circulaba en sentido Carril. O camión da empresa Romitrans S. L. de Rianxo apenas revestía danos, agás na parte frontal esquerda; non así o turismo do que o conductor tivo que ser excarcerado polos equipos de emerxencia. Este varón, aparantemente en estado grave, foi trasladado ó lindeiro Hospital do Salnés. A causa do sinistro, a Garda Civil tivo que desviar o tráfico no carril de acceso a esta estrada desde o Pousadoiro e tamén nun sentido da circulación a Pontevedra; co fin de que os axentes dos Bombeiros do Salnés puideran rematar as tarefas de excarceración e desaloxo das partes do vehículo da estrada; namentres Protección Civil de Vilagarcía axudaba á recuperar o aspecto orixinal deste corredor.