A conselleira de Política Social elixe Ribeira para a súa primeira visita oficial

RIBEIRA> Fabiola García visitaba as instalacións da residencia da terceira idade con motivo do Día Internacional dos Maiores. Como non podía ser doutro xeito, a conselleira de Política Social, Fabiola García, escolleu Ribeira, e máis concretamente a residencia de maiores, para facer a súa primeira visita oficial, despois da toma de posesión do seu novo cargo que tiña lugar o pasado xoves. E fixo atendendo a dúas razón fundamentalmente. Por unha banda a súa vinculación con este Concello, da que é natural, e outra, pola súa preocupación polas persoas maiores, segundo ela, un dos principais activos que ten Galicia. Un xesto que tamén agradeceu o alcalde, Manuel Ruíz, quen ademais lle desexou unha boa etapa á fronte do departamento de Política Social. Durante a visita destacou o incremento importante que nos últimos anos experimentaron servizos como o de axuda no fogar ou as prazas en residencias e centros de día, que se complementa co Bono Autonomía en Residencia ou  o xantar na casa.