Morren dous traballadores ao caer unha grúa na planta de Extrugasa

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/accidente_laboral_extrugasa_falecidos.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/12decembro/05/accidente_laboral_extrugasa_falecidos.mp4{/flowplayer} 

 

VALGA> Traxedia na planta de Extrugasa, en Valga. Dous traballadores da empresa cesureña Carpintería Gama perderon a vida tras caer dunha altura de 8 metros ao precipitarse a plataforma elevadora sobre a que estaban a traballar. Os homes, veciños de Valga e Cuntis, tiñan 43 e 22 anos.

Dous traballadores da empresa Carpintería Gama, de Pontecesures, perderon esta mañá a vida mentres traballaban na planta de Extrugasa, en Valga, nun accidente que se produciu ás doce e media do mediodía.

Os homes precipitáronse dende unha altura de 8 metros. A pesares de que ata o lugar mobilizáronse unha ambulancia asistencial, unha medicalizada do 061 e un helicóptero, o persoal sanitario non puido facer nada por salvarlles a vida.

Un dos falecidos tiña 43 anos e era veciño do lugar de Rexenxo, en Valga. O outro, un mozo de 22 anos de Estacas, en Cuntis. Comezaran os traballos en Extrugasa esta mesma semana, e ambos tiñan experiencia neste tipo de tarefas. 

Ata a planta de Extrugasa tamén se achegaron policía, Garda Civil, Protección Civil e membros do ISSGA, Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, que xa abriron unha investigación para intentar esclarecer o suceso.

O levantamento dos cadáveres produciuse ao redor das 3 da tarde. Ambos foron trasladados ata Pontevedra, onde se lles realizará a autopsia. 

A planta de Extrugasa decidiu paralizar os traballos durante esta xornada en sinal de dolo.