BOIRO> O concello de Boiro volverá celebrar o mes da danza cun variado programa de actividades culturais ó longo de todo setembro. Combinará actuacións de artistas locais con convidados, representando diversos estilos de baile.
O serán tradicional de Abeloura que terá lugar mañá ás sete da tarde en Cespón marca o inicio da programación do mes da danza que terá continuidade o domingo ás sete coas actuacións do ballet de Cen Pliés e Elahood.
O sábado 14 tocaralle a quenda a Xilbarbeira e Minguantes, ademais dunha actuación de Boiro Baila Style, un grupo local de latino, mentres que sábado 21 tomarán o relevo o grupo Pedra de Aroña e Marcia Vázquez. Pechará o programa o serán das Angustias en Bealo o 28 de setembro.
Para tódalas actividades que se celebren no prazo de Goiáns establécese un donativo a partir de tres euros destinado a entidades benéficas e sen ánimo de lucro.











