Barrantes prepárase para exaltar o Viño Tinto do Salnés

tinto100_020608.jpgRIBADUMIA > Gastronomía, cultura e deporte son eixe da Festa do Tinto do Salnés que se celebra esta fin de semana en Barrantes.

Barrantes quenta motores para esta fin de semana. O protagonista indiscutible será o viño. A comisión reuniu unhas 1.500 botellas ás que hai que engadir as que acheguen os colleiteiros que se instalen na Carballeira de Barrantes. No recinto da festa, a botella custará tres euros e a cunca a un euro.

O venres arranca a edición número 36 da Festa do Viño Tinto do Salnés cunha programación para tódolos gustos. Do apartado musical encargaranse as charangas e grupos de gaitas, ademais de orquestras como Panorama e París de Noia, que estarán o domingo, sen esquecer o concerto de Soraya para o venres pola noite.

O sábado será o día dos actos institucionais. Trala recepción de autoridades no Concello a comitiva trasladarase ó recinto da festa onde se lerá o pregón, con degustación gratuíta de tinto e chourizos con pan de millo. Logo será o xantar de confraternidade no que participarán ata 700 persoas previo pago de 25 euros. Na sobremesa coñeceranse os nomes dos mellores tintos deste ano.

O tinto do Salnés irá este ano acompañado de conservas. O Concello organizou tamén para esta fin de semana a primeira xornada de exaltación de conservas do Salnés. Ademais dunha demostración culinaria o venres pola tarde, o domingo haberá oportunidade de degustalas á unha e media da tarde.

No programa non falta a feira de artesanía nin probas deportivas como o torneo de fútbol 7, o sábado ás 6 da tarde, e os trofeos de xadrez, o día 14.

Redacción Salnés