A CIG divulga o empeoramento que supón a nova lei de mutuas

PONTEVEDRA> O sindicato CIG manifestouse esta mañá ás portas da sé da Seguridade Social en Pontevedra en contra na nova Lei Reguladora de Mutuas; unha normativa que se aprobou en verán e que será tremendamente prexudicial para os traballadores.

A CIG advirte dos serios prexuízos que vai a supoñer para os traballadores a nova Lei Reguladora de Mutuas que colaboran ca Seguridade Social; unha normativa que se aprobou en verán e que eles intentan dar a coñecer para que os traballadores saiban o que lles agarda se teñen a desgraza de caer enfermos ou ter un accidente. Esta nova lei contempla variacións moi importantes que poderían implicar que persoas aínda en fase de recuperación se tiveran que reincorporar ó traballo antes de tempo. Entre outras medidas, esta lei prevé unha triple revisión temperá de cada traballador de baixa; o que supón un factor de presión engadido. Amais, a nova norma prevé que os contratos das mutuas teñan un período de tres anos de duración no canto dos anuais, o que abre un oco para a competencia entre mutuas que potenciarían a marxe de beneficio das empresas por riba do servicio de atención ós traballadores doentes propiamente dito.

 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/cig.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/23/protestas_cig_inss.mp4{/flowplayer}