O pleno só aproba a constitución da Mesa de Contratación e da Xerencia de Urbanismo

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/pleno_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/07xullo/30/pleno_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

 

VILAGARCÍA> Na orde do día sobre a representación da corporación en órganos colexiados, Varela só mantivo a proposta de composición da Mesa de Contratación e da Xerencia de Urbanismo. O alcalde destacou a importancia de ambos órganos para o funcionamento transparente do concello que, apuntou, está a funcionar con total normalidade. Ademais, tanto na Mesa como na Xerencia están representados todos os grupos da corporación.

A proposta conseguiu saír adiante. Fíxoo cos votos a favor de BNG, Somos Maioría e PSOE. Partido Popular e Esquerda Unida optaron pola abstención.

O resto dos puntos relativos a salarios e organización da corporación, foron retirados  Corenta e oito días despois de tomar posesión, o goberno aínda non conseguiu sacar adiante a súa proposta. O Partido Popular acusounos de falta de diálogo, mentres que Esquerda Unida de falta de seriedade nas propostas.

Varela volveu pedir responsabilidade aos partidos da oposición, e recordou que ao comezo do anterior mandato os socialistas abstivéronse para permitir que a proposta popular, en minoría, saíra adiante.