O pósito noiés acordou pechar hoxe os seus bancos marisqueiros

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/pechebancosmarisqueirosnoia2810141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/28/pechebancosmarisqueirosnoia281014.mp4{/flowplayer} NOIA> O cabildo tomou esta decisión despois de comprobar que nas análises realizadas detectábase un aumento dos niveis de toxina. Este era a imaxe que presentaba esta mañá a lonxa de Testal. As instalacións da rula atopábanse totalmente baleiras, unha imaxe moi distinta a calquera outro día de campaña. Os motivos non eran outros que a decisión do cabildo de pechar os bancos marisqueiros ó detectarse un aumento dos niveis de toxina. Esta mañá volveron a realizarse novos análises e estase a espera dos resultados efectuados tamén polo Intecmar, que determinarán se se continúa ou non co peche. Dende o pósito descoñécense cales poderían ser as cousas deste aumento dos niveis de toxina nos últimos días, xa que a pasada semana as mostras realizadas indicaban que os parámetros eran os normais.