PORTO DO SON> O executivo sonense e a entidade La caixa veñen de asinar un convenio de colaboración que permitirá o patrocinio de diferentes eventos, sobre todo de tipo deportivo. Ademais a entidade fixo unha donación de 27 kits de material escolar para nenos de familias sen recursos do municipio e de dous cheques de compra de alimentos por un valor total de 2.700 euros. O Concello de Porto de Son agradece a gran labor e a axuda proporcionada por La Caixa representada a través do director da sucursal do concello, Francisco Sarrasquete. Tamén agradece a labor que fai a asociación parroquial LOA e a súa presidenta Cristina Santamaría traballando para axudar as familias máis desfavorecidas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia