Esperanza Mara recupera os arrolos no espectáculo ‘Tecendo Soños’

NOIA> O Coliseo Noela de Noia acollerá este sábado o espectáculo ‘Tecendo Soños’. Tráatse dunha recompilación de cantos de arrolar en formato multidisciplinar dirixido e interpretado pola soprano Esperanza Mara.

A inmesa riqueza dos cantos de arrolar na tradición galega permanecía oculta ata que a artista noiesa Esperanza Mara decidiu poñer en marcha este proxecto.

Tras un arduo traballo de campo, percorrendo moitas aldeas da zona conseguiu catalogar máis de medio cento de arrolos inéditos que verán a luz o próximo ano coa publicación dun disco.

Como adianto, este sábado desenvolverase no coliseo Noela un espectáculo multidisciplinar. Ademais da interpretación das composicións, con voz e piano, entrará en escena unha bailarina para poñer ritmo ó recital dos campos. Tamén se proxectarán videos para poñer cara e voz ás gardiás desta enorme riqueza patrimonial, que co paso dos anos foron transmitindo os arrolos de xeración en xeración.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí