O sindicato UXT denuncia ao patrón maior de Rianxo por acoso laboral

    mariscadorasrianxodimision_100_12032009.jpgRIANXO> As mariscadoras continuarán cas concentracións na confraría ata que a  directiva dimita

    A fisura aberta no seo da agrupación de mariscadoras de a pe de Rianxo parece non ter unha solución sinxela. Ao non conseguir a dimisión da dirección do colectivo, a meirande parte das mariscadoras pasaron a acción.

    {flowplayer}barbanza/mariscadorasrianxodimision.flv{/flowplayer}

    A partir de agora personaranse todos os días nas dependencias da confraría para denunciar a deixadez de funcións da presidenta e a situación de acoso e discriminación a que están sometidas por parte do patrón maior do pósito rianxeiro.

    Apoio de UXT e AGAMAR

    Do seu lado e apoiando as súas reinvidicacións están o sindicato UXT e a Asociación Galega de Mariscadores (AGAMAR) que teñen a intención de denunciar aos dirixentes do pósito de Rianxo por delitos de acoso e contra o dereito ao traballo destas mulleres. Tamén os acusan de non cumprir a normativa legal vixente nin de respectar as decisións tomadas pola Consellería de Pesca. 

    Hoxe a tarde o local da confraría de Rianxo estaba pechada a cal e canto polo que as mariscadoras non puideron acceder ao seu interior. Esta nova circunstancia non impedirá que acudan os vindeiros días as portas do pósito para seguir coas súas reinvidicacións.

    Pola súa banda, o patrón maior de Rianxo xa presentou unha denuncia pola ocupación das dependencias da confraría.

    Redacción Barbanza