Noia Histórica volverá animar as vendas co ‘Sábado Negro’

    NOIA> Noia Histórica organiza este próximo sábado, 16 de novembro, a terceira edición do ‘Sábado Negro’. Na actividade participarán máis de corenta establecementos comerciais pertencentes a distintos sectores que ofrecerán descontos nos seus produtos de ata un 20%.

    O éxito acadado en edicións anteriores levou á Noia Histórica a repetir experiencia. Este sábado 16 de novembro, a patronal noiesa desenvolverase o denominado ‘Sábado Negro’ coa que a asociación pretende incentivar as compras na localidade. Ese día, a práctica totalidade dos comercios adheridos á entidade de sectores como moda, complementos, agasallos ou xoiería, permanecerán abertos ata as dez da noite, aplicando importantes descontos de ata un 20% en tódolos seus produtos. Ese día os comerciantes levarán unha chapa identificativa co ‘Sábado Negro’ e os establecementos estarán decorados cunha alfombra negra na entrada do comercio e unhas pegatinas nos seus escaparates anunciando o desconto. Durante toda a xornada haberá tamén outras sorpresas como unha ludoteca para cativos na Casa da Agra, así como degustacións de gominolas en tódolos establecementos adheridos a esta iniciativa. A patronal noiesa decidiu desenvolver de novo esta proposta de cara a mellorar as vendas, nun ano de novo difícil para eles, debido á actual situación de crise económica, e nunha época do ano no que polo regular se produce unha baixada nas compras. Dende a patronal noiesa restouse importancia a que a cita este ano coincidise cunha actividade semellante organizada por outra asociación dun concello veciño como é a ‘Noite Aberta’ de Boiro. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/sabadonegronoiahistorica141113.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/11novembro/14/sabadonegronoiahistorica141113.mp4{/flowplayer}