Consternación no Barbanza trala morte da copiloto de ralis, Bárbara Gómez

BOIRO> A traxedia volve golpear de cheo ó mundo do motor no Barbanza. O falecemento de Bárbara Gómez, natural de Rianxo e veciña de Boiro, causou unha gran consternación na comarca.

O sinistro tiña lugar onte mentres Bárbara, que viaxaba de copiloto, e o seu piloto Tinín Iglesias disputaban o Rali Valle de Laciana na localidade leonesa de Villablino. O automóbil saíuse da vía nunha curva e bateu contra un pretil. Os dous ocupantes tiveron que se excarcerados. Bárbara faleceu no acto mentres que o seu compañeiro foi trasladado en estado grave ó Hospital Comarcal do Bierzo.

Nada máis coñecerse a tráxica nova foron moitas as mostras de dor que se sucederon na comarca. Tanto a escudería Rallyactividad de Rianxo, da que Bárbara formou parte, como o Puebla Fútbol Club no que milita a súa parella, expresaron as súas fondas condolencias pola morte da moza de tan só 29 anos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí