O BNG denuncia o estado de abandono do núcleo da Boliña

    BOIRO> Os nacionalistas, que recollen o malestar dos propios veciños que residen no lugar, criticaron a total falla de rigor na elección das obras por parte do equipo de goberno. Os membros do BNG boirense, recollendo as propias demandas dos veciños da Boliña, pídenlle ó executivo a mellora da estrada que une este núcleo con Rexedor, así como tamén varias rúas interiores. Segundo eles o pavimento atópase totalmente deteriorado e intransitable polo que é urxente unha actuación na zona. O investimento necesario para acometer esta obra podería destinarse doutra actuación que o concello ten previsto desenvolver neste núcleo, dentro do Plan de Obras da Deputación da Coruña, como é o levantamento do actual pavimento de pedra da praza de Revelar, por un importe de preto dos 67 mil euros. os nacionalistas consideran que se trata dunha actuación totalmente inxustificada. Esta decisión do equipo de goberno vén a evidenciar, segundo os nacionalistas, unha total incoherencia e falla absoluta de criterio.