Educación sae ó paso das críticas polos recortes e anuncia 100 novas prazas de FP no Barbanza

RIBEIRA> Durante a súa visita a Ribeira, o Conselleiro respondeu tamén ás críticas formuladas polo BNG sobre os recortes no colexio de Palmeira e no IES Número 1.

Román Rodríguez aclarou que o persoal e as unidades asignadas a cada centro dependen das necesidades e do número de alumnos que este ano  experimentou unha importante baixada en infantil e primaria.

Pola contra destacou o incremento da oferta educativa en Formación Profesional coa posta en marcha de seis novos ciclos no Barbanza que suporán un cento de prazas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí