BOIRO> Segundo o alcalde unha actuación nesta rúa presenta varias complexidades, unha delas é que forma parte do trazado da AC-305. Para o alcalde, Xoán Xosé Dieste, acometer unha actuación integral da rúa Principal tal e como demandan varios comerciantes e hostaleiros da zona non é unha tarefa sinxela. As peculiaridades desta rúa, pola que atravesa a estrada AC-305, fan complexa poder realizar moitos máis cambios dos que se realizaron ata o de agora. Outro problema co que debe enfrontarse o executivo é a existencia de numerosos inmobles en desuso, que lle dan unha imaxe negativa á rúa. Actuar contra os seus propietarios, moitos deles de difícil identificación, é tamén un problema engadido para o concello Caso distinto é o do alumeado. O alcalde anunciou que están traballando nun proxecto de mellora, aumentando a potencia de iluminación naquelas horas máis comerciais.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/boironovo_mellora_ruaprincipal0803161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/09/boironovo_mellora_ruaprincipal080316.mp4{/flowplayer}