Adxudicadas as obras da futura comisaría de Ribeira

RIBEIRA> A construción da nova comisaría da Policía Nacional de Ribeira é xa unha realidade. O Consello de Administración da Sociedade de Infraestruturas e Equipamentos Penitenciarios e da Seguridade do Estado, dependente dos ministerios de Facenda e Interior, vén de adxudicar as obras. A actuación, que contará cun investimento de preto dos 2’6 millóns de euros, podería iniciarse xa a finais de ano.

A futura comisaría ribeirense emprazarase, como estaba previsto, nunha parcela de titularidade municipal situada na zona de Fontán, cunha superficie de máis de dous mil metros cadrados. o novo edificio constará de soto, onde irá a galería de tiro, primeiro andar e segundo andar. Entre os servizos dos que disporá figura unha oficina da Unidade de Atención á Familia e Muller. O prazo de execución das obras está previsto en ano e medio.

O que está por ver é o incremento de efectivos, para axustarse a media que debera ser de axente por habitante. Algo que o alcalde confía en que tamén se dea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí