Educación asumirá parte da construción do pavillón do CEIP Felipe de Castro

    NOIA> O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o alcalde de Noia, firmaron un convenio de colaboración para a construción dun novo pavillón para o CEIP Felipe de Castro, que suporá un investimento de 392.000 euros. A nova infraestrutura absorverá a maior parte desta cantidade da consellería, e o concello noiés aportará 150.000 euros. O conselleiro de Educación e Cultura suliñou que a construción beneficiará non só aos alumnos deste centro de Infantil e Primaria, senón tamén aos veciños da zona. O alcalde de Noia, Santiago Freire, destacou que non só mellorarán as actividades deportivas dos alumnos do centro, senón o acceso e o estacionamento do lugar.O polideportivo, que será unha realidade dentro duns meses, terá unha superficie de 1.365 metros cadrados, con bancadas para unhas 100 persoas. E tódolos veciños poderán facer uso del fóra do horario lectivo.