Presentan na Pobra os obradoiros culturais para o curso 2014-2015

Esta mañá presentábase no concello da Pobra do Caramiñal a programación dos obradoiros culturais para o curso 2014-2015. A oferta será semellante á de anos anteriores con cursos destinados tanto a pequenos coma a adultos.

A concelleira de Cultura da Pobra, Encarnación González, presentou en rolda de prensa as actividades que dende o seu departamento se ofertarán tanto a pequenos como a maiores para o curso 2014-1015. Para os máis pequenos os cursos serán artes plásticas, bailes, inglés, pandereta, teatro e gaita. A oferta para os adultos será pintura, pandereta, baile e teatro, con dúas novidades taller de corte e confección e patchwork. Os cursos comezarán a impartirse a partir do 1 de outubro. O prezo das actividades será semellante á de anos anteriores e variará entre os dez e os vinte euros. O prazo de matrícula xa está aberto. Para máis información sobre os horarios do curso ou realizar a correspondente inscrición, os interesados poden dirixirse ó propio de departamento de Cultura ubicado na Casa de Cultura Raquel Fernández Soler. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/26/presentacionobradoirosoutonopobra2609141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/26/presentacionobradoirosoutonopobra260914.mp4{/flowplayer}