O peirao pobrense acolleu un operativo anticontaminación

POBRA> A conselleira do Medio Rural e do Mar asistiu, este mediodía, a un simulacro de accidente ambiental no peirao da localidade, no marco do proxecto europeo Netmar. Rosa Quintana destacou a importancia destes operativos de cara a afondar na mellora dos equipamentos técnicos e humanos e dar unha mellor resposta a posibles vertidos contaminantes no mar.

O peirao da Pobra do caramiñal acollía esta mañá un simulacro de accidente ambiental marítimo. A actividade estaba organizada pola consellería de Medio Rural e do Mar, a través de Portos de Galicia, coa colaboración de Gardacostas e Intecmar, aínda que tamén tomaron parte institucións e colectivos profesionais británicos, irlandeses e portugueses. Durante o exercicio mobilizouse un amplo operativo composto por numerosas embarcacións e empregáronse tamén diferentes equipos tecnolóxicos de I+D+i, entre eles, dous submarinos non tripulados e varios dróns aéreos. A actividade, enmarcada no proxecto europeo Netmar de prevención e loita contra a contaminación mariña, permitiu testar o funcionamento dos equipamentos técnicos e humanos de resposta a posibles vertidos contaminantes no litoral galego tal e como explicou a propia titular de Mar, Rosa Quintana. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/operativoanticontaminacionpobra0110141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/01/operativoanticontaminacionpobra011014.mp4{/flowplayer}