O concello da Pobra renova coa Xunta o contrato para a xestión da EDAR

POBRA> Dende o ano 2005 a Xunta encárgase da xestión da depuradora municipal da Pobra. Unha intervención que agora vén de ampliarse por dous anos máis cun novo contrato, cun investimento de 1’7 millóns de euros.

Segundo explicou a titular de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, esta acción permitirá garantir unha xestión profesional e innovadora da Estación de Augas Residuais.

A Conselleira tamén avanzou novas melloras da EDAR. Así anunciou un novo investimento da Xunta por importe de máis de 200 mil euros para mellorar o sistema de saneamento e depuración, dotando a depuradora dun novo sistema terciario que optimiza e incrementa as posibilidades de tratamento.

Dende a Xunta incidiron tamén na necesidade de colaboración por parte do Concello no control e na adopción das medidas para evitar que as augas residuais sen tratamento previo cheguen á depuradora, causando o seu colapso. Un aspecto que o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, espera poder cumprir.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí