O TSXG admite a trámite o contencioso contra o estudo de Megasa

    VILAGARCÍA> O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia admitiu a trámite o contencioso administrativo que o pasado mes de xullo presentaban os comerciantes de Zona Aberta contra o estudo de detalle da finca de Megasa. A tramitación do expediente queda por tanto paralizada, cando menos durante dous meses, que é o tempo no que estima a asociación que se resolva o contencioso. Leve esperanza na Asociación de Comerciantes Zona Aberta. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de comunicar a admisión a trámite do recurso contencioso administrativo que en xullo presentaron contra o estudo de detalle da antiga finca de Megasa. Segundo os comerciantes, a reordenación de volumes e o plano que manexa o concello revelaría a posible instalación dunha gran área comercial. Proxecto ó que se opoñen e do que poderán coñecer máis unha vez o goberno local teña agora que sacar á luz toda a documentación. O efecto inmediato da admisión a trámite do contencioso é a paralización cautelar da tramitación do expediente. É dicir, ata que se resolva non se poderá emitir licenzas para obrar na zona. De obter unha reposta negativa por parte do Tribunal, pecharíase a vía xudicial para intentar que non se levante un centro comercial na zona. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/recursomegasaadmitido.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/30/ADMISION_CONTENCIOSO_ZONA_ABERTA.mp4{/flowplayer}