A folga de Adif non afectou á estación ferroviaria de Vilagarcía

    estacionvilagarcia100.jpgVILAGARCÍA > Hoxe comezou a folga indefinida que se levará a cabo, tódolos venres, nas estacións de tren de toda…

    … España. En Vilagarcía o paro non se fixo notar e a situación era de total normalidade, a pesar de coincidir coa véspera da festividade da Constitución.

    Continúan as mobilizacións organizadas polo sindicato federal ferroviario da Comfederación Xeral do Traballo para mellorar as condicións laborais dos vendedores de billetes das estacións de ferrocarril, de toda España. Segundo o sindicato, estes traballadores sofren unhas condicións de traballo pouco beneficiosas. 

    Este sindicato denuncia tamén a privatización de servizos do ferrocarril e solicitan que se contraten máis empregados para o sector público.

    Ante esta situación, o sindicato federal ferroviario decidiu convocar paros tódolos venres, de xeito indefinido, entre as 12 do mediodía e as 3 da tarde, e entre as 7 da tarde e as 12 da noite. Nestes horarios, non haberá venta de billetes nas estacións de Renfe.

    Na estación de tren de Vilagarcía non se notaron os efectos deste paro a nivel nacional e, este venres, un operario vendía billetes aos pasaxeiros do transporte ferroviario.

    Redacción Salnés