‘Aceptamos o prazo do 15 de xaneiro, pero nin un día máis’

    COMISION copia.jpg CALDAS> A comisión de seguemento de Clesa anuncia ‘medidas contundentes’ se os administradores concursais non lles comunican unha decisión antes da data fixada.

    {flowplayer}images/salnes/COMISION_CLESA_301211.flv{/flowplayer}

    Ata o 15 de xaneiro. Nin un día máis. Se nesa data os administradores concursais de Clesa non tomaron unha decisión en firme sobre o futuro da planta láctea de Caldas, a comisión de seguemento tomará medidas máis contundentes. Medidas que acordarán na xuntanza da semana que vén.

    A situación dos 93 empregadods que quedaron sen traballo segue a ser a maior preocupación da comisión. Por iso, a delegada da empresa, Dolores Ramos, en representación da plantilla, vén de enviar unha simbólica carta ós Reis Magos pedíndolles cordura para ‘as persoas que teñen que decidir sobre o seu futuro’, xa que non entenden como, habendo unha oferta firme pola planta como é a de Feiraco, a resolución do proceso se dilata tanto no tempo.

    Redacción Salnés