Oito mil polos morren calcinados no incendio dunha granxa avícola

    incendio_nave_100.jpgBARRO> A mediodía do pasado sábado orixinouse un lume nesta granxa avícola de Perdecanai, en Barro. Ó parecer ás lapas orixináronse..

     {flowplayer}images/salnes/300309_incendio_granxa_barro.flv{/flowplayer}

    … nas serraduras da caldeira da calefacción e propagáronse rapidamente por esta sección da nave; que albergaba oito mil pitos que chegaran o véspera. A súa chegada, o dono destas instalacións intentou sufocar as lapas, momento no que foi alcanzado polo lume.

    Veciños do lugar e axentes de protección civil conseguiron afastar das chamas a este home de 55 anos, cando as queimaduras xa afectaban o 25 % do seu corpo. A consecuencia das mesmas, foi trasladado ó hospital POVISA de Vigo; onde podería ser dado de alta nos vindeiros dous días.

    O lume tardou dúas horas en ser extinguido e malia todo, non chegou a afectar a outra parte da nave que albergaba outros 6.000 pitos. Desde o sábado ata hoxe, familiares e veciños intentan restablecer a normalidade e resgardar o inmoble dos amigos do alleo. A Garda Civil é a encargada de investigar as causas do sinistro.

    Redacción Salnés