Os piragüistas do Salnés piden que se habilite o Umia para adrestramentos

    piragismo_100_030807__still_001.jpgSALNÉS > Os clubes de Piragïsmo do Salnés comunicaron hoxe o seu desexo de realizar os adestramentos no río Umia.

    O problema co que se atopan é o pouco calado do río, por iso piden ás institucións que se faga unha subida do nivel da auga.

    Os directivos dos diferentes clubes de piragüismo do Salnés piden que se aumente o caudal do río Umia para que os preto de 1.500 rapaces que participan nesta actividade poidan adestrar no río nas tempadas de inverno. Afirman que soen facelo no mar en verán pero que en inverno vense obrigados a desprazarse ate o río Lérez en Pontevedra polo que perden só en desprazamento máis de 40 minutos.

    Os piragüistas cren que non é un gasto excesivo pois só necesitan preto de 2 metros de calado. Tamén afirman estar solidarizados co medio ambiente e opinan que isto non afectará ó río. Os clubes solicitan que as institucións teñan en conta a súa proposta e que conten con eles para levala a cabo.

    Con isto mellorarían as súas condicións e terían as mesmas facilidades que os outros clubes que teñen máis preto bos lugares para o adestramento.

    Redacción Salnés