Vilanova continúa apostando pola formación en tecnoloxía dron

    VILANOVA> O Pazo Vista Real de Vilanova acollera os cursos Oficias de Piloto de Drones que hoxe se presentaron no concello do municipio. Estes títulos buscan formar profesionais nun sector que cada vez demanda máis especialización. O alcalde, Gonzalo Durán, comezou a presentación desta mañá asegurando que falar de drones en Vilanova, non é ningunha novidade. E é que este é xa o terceiro curso oficial de Pilotos de Drones que se celebra no concello. OS cursos, que se impartirán no Pazo de Vista Real de Vilanova, están organizados polo centro Tecnolóxico Aeromedia. O seu delegado en Pontevedra explicou que haberá dúas modalidades, presencial e online, cun mínimo de 10 prazas .E o custe vai desde os 600 euros cunha duración de 50 horas, para obter o título oficial. O diretor de formación de Aeromedia explicou que o curso é eminentemente práctico. Durante a presentación deixaron claro que o financiamento do curso pode facerse de forma fraccionada. Os interesados en introducirse nesta profesión de presente e futuro, poden facelo xa na páxina web formaciondrones.com ou no concello de Vilanova. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/curso_drones_vilanova_12042017_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/04abril/12/curso_drones_vilanova_12042017.mp4{/flowplayer}