Escolares muradáns conseguen o primeiro premio do certame ‘Lecer Consumo’

    MUROS> Un grupo de nenos do colexio de Muros conseguiron o primeiro premio do certame de vídeos do programa lecer consumo da Consellería de Economía e Industria. A directora xeral de comercio, Sol Vázquez, foi a encargada de entregar os premios nun acto que se desenvolveu na casa da cultura da localidade.

    “O campamento en Muros” foi o vídeo gañador do programa lecer consumo elaborado por un grupo de sete rapaces e rapazas de entre 9 e 14 anos promovendo o ocio responsable na vila. O programa Lecer Consumo celebrou este verán a súa quinta edición baixo o lema “Mergúllate nun lecer de balde!” co obxectivo de aproximar á poboación os valores do consumo responsable a través do ocio estival. Chegaron a participar neste concurso máis de 1.200 persoas de 27 concellos diferentes. Unha das actividades que se propoñía dentro de esta iniciativa era unha xincana de Lecer, Publicidade e Tic na que os participantes debían gravar un vídeo por grupos ó rematar. Estes vídeos foron publicados no Facebook da Escola Galega de Consumo onde o vídeo gañador “O campamento en Muros” recibiu máis de 220 votos en Facebook. A directora xeral de comercio e presidenta do Instituto Galego de Consumo, Sol Vázquez, entregou onte á tarde en Muros ós premios ó equipo gañador e tamén quixo premiar a todos aqueles nenos muradáns que participaron no concurso pero non resultaron gañadores. A alcaldesa, Caridad Gónzalez, tamén estivo presente neste acto dando a noraboa tanto ós gañadores como ós que participaron no concurso animandoos a volver a participar no concurso o ano que vén. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/premiosestudantesmuros0210141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/02/premiosestudantesmuros021014.mp4{/flowplayer}