Boiro prepárase para homenaxear á súa patroa

BOIRO> Boiro celebrará esta fin de semana as festas patronais de Santa Baia. Esta mañá presentábase a programación no Concello. As actividades desenvolveranse do seis ó oito de decembro.

Baixo a organización da comisión de festas de Santa Baia, Boiro celebrará do 6 ó 8 de decembro as súas festas patronais. Serán tres días de troula e diversión, na que non faltarán os pasarrúas e as verbenas na propia praza do Concello a cargo das orquestras Compostela e Alkar. O domingo pola mañá haberá tamén o tradicional pasabares con grupos tradicionais e ó mediodía, a terceira edición da Festa dos Callos.

Aínda que os festexos se trasladan á fin de semana, como é tradición pola semana, do 10 ó 13 de decembro, manteranse os oficios relixiosos na honra de Santa Baia, a Inmaculada, San Roque, Guadalupe e Santa Lucía. Dende a comisión agradecen a colaboración tanto dos veciños como tamén das casas comerciais, xa que sen a súa axuda sería practicamente imposible poder celebrar estes festexos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí