Política Territorial destina 1’2 millóns de euros á última fase do centro social

    casaculturarianxo_100_160407.jpgRIANXO > A empresa EOC Hispánica iniciará nos próximos días as obras da última fase do Centro Multiusos de Rianxo, ubicado na Praza de Galicia.

    O salón de plenos do concello rianxeiro foi o lugar escollido para desenvolve-lo acto de presentación da última e definitiva fase de construción do edificio de usos múltiples que se está a realizar na zona portuaria, na coñecido como Praza de Galicia.

    Os traballos, que se iniciarán nas próximas semanas, fóronlle adxudicados á empresa EOC Hispánica por un valor de 1’2 millóns de euros, grazas a unha subvención da Consellería de Política Territorial.

    No acto atopábanse tamén dous dos arquitectos que participaron na realización do proxecto e que agora se encargan da dirección de obra nesta última fase, Xerardo Estévez e Andrés Touceda. O primeiro deles destacou o gran esforzo realizado polo concello de Rianxo para poder levar a cabo esta actuación, xa iniciada hai uns seis anos aproximadamente. Xerardo Estévez incidiu en que se trata dun proxecto complexo no que se integrarán un centro socio-cultural, unha biblioteca e un auditorio con capacidade para máis de 300 persoas.

    Nesta última fase os traballos contemplarán a instalación do núcleo central do auditorio, co seu correspondente mobiliario e o equipamento escénico no que se incluirá tamén a iluminación e o son. Nesta fase tamén está prevista a mellora do sistema de comunicación, a instalación da climatización de todo o edificio e o mobiliario xaral, así como o remate do espazo reservado para a biblioteca, que estará ubicada tamén neste inmoble.

    Redacción Barbanza