BOIRO> Bota a andar o obradoiro de emprego ‘Boiro Emprega 2’. A actividade, financiada pola consellería de Economía, Emprego e Industria e o propio Concello, formará a uns quince mozos da localidade na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Un a un o alcalde, Xoán Xosé Dieste, saudaba ós quince mozos que dende hoxe e por un período de seis meses tomarán parte no obradoiro de emprego ‘Boiro Emprega 2’ na especialidade de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. A actividade, que por segundo ano consecutivo se pon en marcha no municipio, será posible grazas a unha subvención concedida pola consellería de Economía, Emprego e Industria dentro do programa axudas e subvencións para o fomento do emprego, dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no Sistema Garantía Xuvenil, e tamén cunha aportación do propio Concello duns trinta mil euros. Os participantes neste obradoiro desenvolverán actuacións de xardinería e mantemento en diversas zonas verdes do concello, como é o caso da Avenida da Constitución, as rotondas de entrada ó casco urbano, así como tamén polas distintas parroquias . quen destacou a importancia deste tipo de iniciativas formativas, principalmente esta, na que se incide especificamente nos mozos, coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e contribuír á súa inserción laboral. O obradoiro foi financiado integramente pola consellería de Economía, Emprego e Industria cun investimento que se achegou ós 130 mil euros.
Inicio Barbanza - Muros - Noia











