O PP de Ribeira desminte que o concello estea a negociar con Portos o traslado dos redeiros

RIBEIRA> O PP saíu ó paso do anuncio realizado polo concello de Ribeira sobre as negociacións con Portos para trasladar ós redeiros á lonxa vella. A voceira popular di que tan só existe un ofrecemento para solicitalo pero nega que se iniciasen as conversas co organismo dependente de Mar.

O PP de Ribeira considera sorprendente que o goberno local presuma dunha negociación inexistente con respecto ó traslado dos redeiros á lonxa vella.

A voceira dos populares apunta que o concelleiro do Mar limitouse a facer chegar a Portos un ofrecemento da asociación de empresarios, promovido durante a pasada lexislatura, para que os redeiros puideran trasladarse á lonxa vella e liberar a actual explanada que ocupan para prazas de estacionamento.