Os vendedores negan as acusacións dos armadores e aseguran que só incrementan nun 15 por cen o prezo

    PONTEVEDRA > Os vendedores das prazas de abastos quixeron defenderse esta mañá das acusacións vertidas polos armadores, que os culpan do aumento dos prezos

    … do peixe. Os comerciantes aseguran que eles só perciben unha marxe de beneficio do 15 por cento, e pídenlle ós armadores que non lle trasladen as súas responsabilidades a outros sectores.

    Os vendedores negan as acusacións dos armadores que os chegaran a culpar de ser eles os responsables do sobreprezo do peixe. Un incremento que se chegou a citar nalgunha ocasión de ata un 500 por cento, respecto o custe o ó que os comerciantes adquiren o produto, e que segundo estes é falso, e se reduce na realidade a unhas marxes moito menores.

    A actuación dos armadores resumiuse neste tempo segundo os praceiros en botar balóns fóra e acusalos a eles de ter responsabilidade da crise do seu sector no referente á suba dos prezos do peixe. O feito é que tanto praceiros coma armadores se necesitan mutuamente para desenvolver o seu traballo, e que as declaración dos patróns nestes últimos días irritaron bastante ó sector dos comerciantes.

    O sistema das poxas polo cal os vendedores aceden ós produtos, e que condiciona o prezo do peixe no mercado, non sempre se ve clarificado nos medios. Tras estas compras os comerciantes da praza aseguran que só lle soben 2 euros o custe do produto, que é co que pagan os seus gastos e teñen para as súas ganacias. Ademais tamén lembran que o seu sector nunca recibe axudas e convidan ós consumidores a acudir ata as lonxas para comprobar alí como funciona o sistema do establecemento dos prezos.

    Redacción Salnés