NOIA> O secretario provincial do PP na Coruña, Diego Calvo, foi o encargado de presentalo, xunto ás outras dúas novidades desta formación na comarca, como é o caso das cabeza de lista por Lousame e Muros. Dos tres candidatos populares presentados esta tarde, o nome que máis chama a atención é o de Santiago Freire que irá como cabeza de lista desta formación en Noia. Os populares apostan forte por recuperar a capital da comarca, agora en mans dunha coalición de tres partidos: NOIA, BNG e Partido Socialista. Trátase dunha persoa moi coñecida na comarca, cunha ampla experiencia na política municipal xa que durante anos foi rexedor no concello veciños de Lousame, e agora exercía coma deputado autonómico. As outras dúas, aínda que novidades non extrañan tanto. É o caso de Inés Monteagudo que encabezará a lista do PP en Muros, substituíndo a José Antonio Siaba. A outra é Teresa Villaverde, actual alcaldesa de Lousame, que será por primeira vez cabeza de lista nunhas eleccións municipais. O secretario provincial, Diego Calvo, sinalou que a súa intención pasa por gobernar nos nove concellos que conforman o Partido Xudicial de Noia, ós que se lle suma Rianxo. Actualmente fano en sete, aínda que en Porto do Son en minoría. Calvo animounos a traballar moito para conseguir estes retos. Sen poñerse teito, esperan acadar amplas maiorías para así poder gobernar en solitario, evitando así posibles gobernos de coalición. O resto de candidatos desta formación política polo partido xudicial de Noia, a excepción da Pobra do Caramiñal, que aínda non se sabe, serán presentados oficialmente mañá sábado en Boiro. É o caso de Ribeira onde repetirá Manuel Ruíz; Porto do Son, con Luís Oujo; Outes con Carlos López Crespo; Boiro, Xoán Xosé Dieste e Rianxo con Vanessa Martínez.
Inicio Barbanza - Muros - Noia