Segue a busca dunha marca propia para os escumosos de Rías Baixas

PONTEVEDRA> Continúa aberto o prazo do concurso de ideas para buscar imaxe e marca propia que definan ós escumosos elaborados ó amparo da Denominación. Búscanse ideas que reflictan os atributos destes viños: atlánticos, frescos, a burbulla e o cariz festeiro que os acompaña. O tempo para presentar propostas remata o 16 deste mes. Consello Regulador da DO Rías Baixas e Deputación de Pontevedra seguen na busca da imaxe e o nome que definan ós escumosos de Rías Baixas e faciliten tanto a súa promoción como a difusión nos mercados. Para conseguilo é preciso ter unha imaxe marcada e atractiva, e para localizala, convocouse un concurso de ideas aberto á iniciativa privada e ó entorno da universidade. O prazo para presentar propostas mantense aberto ata o 16 de outubro. Estas propostas deberán presentarse no Rexistro Xeral da Deputación e será avaliadas por un xurado composto por técnicos deste organismo e da Universidade de Vigo, entre os que figuran dous mestres, dous representantes da DO Rías Baixas ou o xefe da Estación Fitopatolóxica do Areeiro. A proposta vencedora farase cun premio de cinco mil euros. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/prazoconcursoescumoso.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/06/CONCURSO_IDEAS_ESCUMOSO.mp4{/flowplayer}